rua17

estudio de diseño gráfico y web

Estas aquí: Inicio » Portfolio » K2_DISPLAYING_ITEMS_BY_TAG publicidade
K2_DISPLAYING_ITEMS_BY_TAG publicidade
A nutrida gama de servizos que ofrece rua17 unida á nosa gran experiencia neste eido, permítenos ter unha notable solvencia á hora de realizar proxectos integrais de marketing.
rua17 faise cargo do proxecto, optimizando os recursos dispoñibles segundo as necesidades do cliente en particular, obtendo os máximos beneficios en cada campaña.
En rua17 desenvolvemos cada proxecto integral con solucións de marketing innovadoras e globais, baseadas na multidisciplinariedade de integrantes e colaboradores do noso estudio. Esta característica permítenos que os proxectos engloben dende o deseño da estratexia de marketing a medida ata a planificación das diferentes liñas de actuación (deseño gráfico, web, desenvolvemento de imaxe corporativa, etc.) axeitadas para cada proxecto integral e a propia execución das mesmas.
A nosa forma de actuar ten como base a constante comunicación co cliente tanto no momento de creación do proxecto integral de marketing, como en etapas posteriores do seu desenvolvemento.