Xunto cos xestores de contidos, dos que falamos noutro artigo, as páxinas web en flash son o outro gran campo de traballo de rua17 no ámbito web.
Dende a súa creación en 1996, o formato flash, aplicado á creación de páxinas web, vaise convertendo nunha ferramenta de gran flexibilidade para o deseño, con contidos interactivos para o usuario, o que supuxo unha revolución á hora de captar a atención de clientes e usuarios de internet.
As vantaxes das páxinas web en flash, fronte a outros formatos son o seu gran dinamismo no plano visual e a súa capacidade para introducir elementos de animación e multimedia (vídeos, audios, etc.).
Como contrapartida, o flash tamén ten certos inconvenientes que é preciso citar para darlle ao cliente a capacidade de escoller a páxina web que mellor cubra as súas necesidades. O mantemento e renovación de contidos das páxinas en flash é bastante complicado e tampouco é un formato idóneo para un bo posicionamento web.
-
tamaño fonte
reducir tamaño fonte
aumentar tamaño fonte
- Imprimir E-mail
- Comentar
Publicado en
Deseño Web
Deixacomentario
Make sure you enter the (*) required information where indicated.
Basic HTML code is allowed.







