rua17

estudio de diseño gráfico y web

Estas aquí: Inicio » Servizos » Rexistro de dominio e aloxamento » K2_DISPLAYING_ITEMS_BY_TAG marketing
K2_DISPLAYING_ITEMS_BY_TAG marketing
A nutrida gama de servizos que ofrece rua17 unida á nosa gran experiencia neste eido, permítenos ter unha notable solvencia á hora de realizar proxectos integrais de marketing.
rua17 faise cargo do proxecto, optimizando os recursos dispoñibles segundo as necesidades do cliente en particular, obtendo os máximos beneficios en cada campaña.
En rua17 desenvolvemos cada proxecto integral con solucións de marketing innovadoras e globais, baseadas na multidisciplinariedade de integrantes e colaboradores do noso estudio. Esta característica permítenos que os proxectos engloben dende o deseño da estratexia de marketing a medida ata a planificación das diferentes liñas de actuación (deseño gráfico, web, desenvolvemento de imaxe corporativa, etc.) axeitadas para cada proxecto integral e a propia execución das mesmas.
A nosa forma de actuar ten como base a constante comunicación co cliente tanto no momento de creación do proxecto integral de marketing, como en etapas posteriores do seu desenvolvemento.
K2_DATE_FORMAT_LC2

Trebol Inmobiliaria


icono_cliente
Cliente: Trébol Inmobiliaria
icono_objetivos
Obxectivos: Crear unha imaxe corporativa para un dos seus proxectos máis fortes.
icono_proxectos
Proxecto: Estudo e creación de Imaxe Corporativa.
icono_descricion
Descrición: rua17 recolle a esencia do grupo Trébol, e crea unha imaxe corporativa para o seu principal proxecto, conseguindo desta forma diferenciar o grupo do servizo ofrecido.

K2_PUBLISHED_IN Proxectos Integrais
K2_DATE_FORMAT_LC2

el3tragos


icono_cliente
Cliente: el3tragos "Chiringuito Ambulante".
icono_objetivos
Obxectivos: Dar a coñecer el3tragos na comunidade, crear marca e impulsar os diferentes produtos.
icono_proxectos
Proxecto: Proxecto integral de identidade corporativa, publicidade e marketing.
icono_descricion
Descrición: rua17 comezou a desenvolver o proxecto el3tragos para cubrir unha serie de necesidades do mesmo, como a de ter unha forte presenza na rede; producir o material necesario para a publicidade e impulsar as campañas de marketing.

O primeiro paso neste proxecto foi crear unha páxina web dinámica, que permitise a súa continua actualización e que fose efectiva no terreo do SEO (optimización para buscadores), converténdoa nunha ferramenta eficaz a nivel marketing.

As redes sociais de internet máis populares, como Facebook, Twitter, etc., tamén foron traballadas, en constante vínculo entre elas e a propia web de el3tragos.

No ámbito da publicidade, durante o período de tempo no cal se desenvolveu o proxecto integral, rua17 deseñou e produciu todos os flyers, carteis, e demais recursos do apartado gráfico para que el3tragos fose cada vez máis coñecido e valorado por o público, ampliando a súa clientela.


K2_PUBLISHED_IN Proxectos Integrais